Outubro é o mes das bibliotecas, por ese motivo chegaron ao noso centro os carteis para conmemorar e participar na celebración do Día das Bibliotecas Escolares, e colocámolos polos corredores do cole.
O lema elexído para este curso, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos relacionados coa ciencia.
O pasado 24 de outubro na nosa biblioteca conmemoramos este día facendo diversas actividades.
Decidimos buscarlle un nome á nosa mascota. Fixémolo, recordando un conto elaborado por todos/as hai dous cursos e contado pola mestra Nila, a profe de infantil.
Despois dunha dura deliberación xa podemos anunciar que a nosa mascota xa ten nome!A proposta gañadora foi:
Outra actividade que fixemos foi a árbore das nosas lecturas favoritas.
Aquí vos quedan máis fotos deste día!