.
miércoles, 23 de abril de 2014
lunes, 24 de febrero de 2014
¡DÍA DE ROSALÍA!
Hoxe 24 de febreiro,celébrase o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO. Podedes ver algúns dos seus poemas nos seguintes vídeos.
Por último, un vídeo da Editorial Galaxia e voz de Uxía.
jueves, 13 de febrero de 2014
O AMOR
Hoxe 14 de febreiro celébrase o Día dos namorados,o amor é un sentimento que sentimos todo o ano aínda que hoxe se adique un día para celebralo.
Nos andeis da nosa biblioteca podedes encontrar historias de amor,desamor...
Deixámosvos uns videos con algúns contos:
COCODRILO NAMORADO
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
LA RATIÑA PRESUMIDA
domingo, 9 de febrero de 2014
sábado, 2 de noviembre de 2013
24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Outubro é o mes das bibliotecas, por ese motivo chegaron ao noso centro os carteis para conmemorar e participar na celebración do Día das Bibliotecas Escolares, e colocámolos polos corredores do cole.
O lema elexído para este curso, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos relacionados coa ciencia.
O pasado 24 de outubro na nosa biblioteca conmemoramos este día facendo diversas actividades.
Decidimos buscarlle un nome á nosa mascota. Fixémolo, recordando un conto elaborado por todos/as hai dous cursos e contado pola mestra Nila, a profe de infantil.
Despois dunha dura deliberación xa podemos anunciar que a nosa mascota xa ten nome!A proposta gañadora foi:


Outra actividade que fixemos foi a árbore das nosas lecturas favoritas.
Aquí vos quedan máis fotos deste día!
martes, 22 de octubre de 2013
PREPARADOS QUE CHEGA O SAMAÍN!!!
Comenzamos a andaina. Temos
moito traballo por diante, mais o comenzamos con moita ilusión.
Como sabedes a próxima semana celebramos o samaín (Halloween).Para ir
creando ambiente de festa aquí vos deixamos uns contos e algunha canción.
Agardamos que vos gusten !!!
lunes, 21 de octubre de 2013
BENVIDOS O BLOG DA BIBLIOTECA ESCOLAR
ola rapaces!

Nel poderedes
informarvos de todo o que ao longo do curso iremos facendo na biblioteca. Tamén
podedes atopar diferentes recursos que agardamos que vos sexan de utilidade.
Este blog pretende
medrar con todos vos,cos vosos comentarios, suxerencias, recomendacións, ...
Animádevos a
participar!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)